Cantacontos para bebés

Imaxe
13 de Decembro 2025, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

A cargo de Pablo Díaz

PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO

Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequen@s. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e interpretará algún dos seus temas máis populares. 

Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos dos contos e cancións. 

Moitos dos contos son cantados de principio a fin. 

Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante

Lugar: Bebeteca

Duración: 60 minutos

15 prazas

Inscrición previa a partir do 3 de decembro a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede por correo electrónico uns días antes da actividade.