Cantacontos para bebés

Imaxe
13 de Novembro 2025, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense

con Pablo Díaz

Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequenos. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica, e interpretará algún dos seus temas máis populares.

Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión serán as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos dos contos e cancións.

Actividade para bebés (de 1 a 3 anos) acompañados dunha persoa adulta.

É necesaria a inscrición previa que poderá facerse dende o venres anterior á actividade ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono: 988 788 385 / 386.

Só se poderán reservar 2 prazas por chamada.