03 de Novembro 2025, 18:00
      
  Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
      
  Espectáculo con Servando Barreiro
Lembramos o nacemento do escritor Xosé Neira Vilas co espectáculo “Cantarolas e contos para xente miúda” da man de Servando Barreiro.
Espectáculo a base de cantos e contos de Neira Vilas no que Servando Barreiro pon voz e música, inspirado na nosa tradición oral e creando un ambiente participativo e divertido.
Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
	 
 
 
   
   
  