14 de Xuño 2024, 18:00
Biblioteca Pública Municipal Padre Manuel Martínez Ferro
Actividade do programa Ler Conta Moito con Marta Ortiz
Texto de presentación da actividade
Pum, pum!
Quen é? Quen chama á miña casa, casiña, casona?
Un espectáculo para primeira infancia e as súas familias baseado no asombro, a transmisión do amor a través da lingua galega e a palabra, dos primeiros cantos, xogos, cancións de dedos, trabalinguas, arrolos, poemas… que forxan os cimentos da casa que construimos ao longo das nosas vidas.
Programa
Unha primavera de conto
Público/s ao/aos que vai dirixido
- Público infantil
Duración
40 minutos
Sesións
- Sesión única: 14/06/2024 - 18:00
Lugar de celebración
Biblioteca municipal de Caldas de Reis