Caxoto dende sempre estivo ligado aos espazos escénicos ben a través do teatro, do baile tradicional ou da música.
Despois de anos de traballo e formación a narración de Caxoto defínese hoxe en día como intensa, emocional, retórica, chea de xiros e case sempre cómica cando non bufonesca.
Un transitar entre as emocións, os ritmos, os tonos, os tempos... nos que o conto e o contar son todo un.
Caxoto cimentou o seu contar en dúas premisas básicas:
- O narrador interior de cada un só se pode atopar dende a verdade.
- Nunca se é demasiado maior para escoitar contos.
No seu repertorio como en botica, un pouco de todo: tradición oral, historias de vida, feitos históricos, contos de creación propia e algo de conto literario.
Actuación incluida dentro do ciclo "Risas con raíces: o humor da nosa terra" (programa de narradores orais).
Público: Adultos
Hora: 20:00 h.
Salón de actos.