As chaves de lu

Imaxe
24 de Maio 2024, 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Homenaxe á vida e obra de Luisa Villalta

Coñeceremos a unha muller visionaria, fascinante, valente, feminista, activista e comprometida coa lingua, defensora do ensino público e da educación como espazo de liberdade e de corrección das desigualdades.

 

As chaves de Lu abren portas ao pasado e ao futuro. Para entender o noso tempo, temos que coñecer o que aconteceu antes.

 

Viremos a chave…

 

Data e hora: venres 24 de maio, ás 18:00 horas.

Público destinatario: familiar, a partir de 5 anos

Sen inscrición previa, ata completar o aforo da sala.