Ciencia en Familia: aprendizaxe e diversión

Imaxe
09 de Novembro 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Obradoiro interactivo a cargo de Ciencia Kids

Obradoiro interactivo deseñado para desatar a curiosidade e o entusiasmo pola aprendizaxe.

A través desta actividade, as familias teñen a oportunidade única de explorar o fascinante encontro entre a ciencia e a vida cotiá, cun enfoque especial e comprobar como a ciencia se entrelaza coa música, a arte e conceptos físicos e químicos sorprendentes. Realizaranse diversos experimentos da man de Ciencia Kids.

No salón de actos. Para público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.