07 de Xuño 2024, 18:00
A cargo de Bea Campos. Migallas Teatro
Na aldea do queixo fresco os ratiños cantan cancións e escoitan divertidas historias; a da ratiña e a moeda de ouro ou a do rato que se agocha nun zapato.
Sons e texturas apoian as historias e captan a atención dos nenos e nenas nunha proposta sinxela e divertida para gozar en familia.
Para nenas e nenos de 0 a 3 anos (15 prazas)
Duración: 30 min.
Ludoteca
Inscrición previa desde o luns anterior na Sala Infantil ou no teléfono 982828329