Club de lectura infantil

Imaxe
14 de Outubro 2023 - 24 de Xuño 2024, 10:30
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

A Biblioteca Pública da Coruña abre este ano por primeira vez un Club para os amantes da lectura máis novos. 

Aprende a expresarte en comunidade, explicar as túas ideas, respectar os gustos e as opinións dos demais, a ler entre liñas, e todo iso coas historias das túas personaxes favoritas.

Participando neste club de lectura a rapazada enriquecerá a súa linguaxe, desenvolverá a súa capacidade de concentración e a memoria a través da lectura.

O club iniciará a súa actividade o sábado día 14 de outubro en horario de 10.30 a 12.00 h.

Público destinatario: 8 a 11 anos.

Formulario de inscrición Club de lectura infantil