Club de lecturas dramatizadas

Imaxe
19 de Xaneiro - 22 de Xuño 2026, 18:00 - 20:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Teatro

O “club de lecturas dramatizadas” quere achegar toda a potencialidade que gardan os textos literario-dramáticos. Un libro de teatro contén non só a obra, é dicir,o texto ou historia ; no su interior tamén agocha un reflexo da sociedade que a rodea. Pero aínda máis, o texto é a canle que conecta a obra co escenario para estar realmente completa.

 

Data e hora: luns (quincenais) de 18.00 a 20:00 h

Público destinatario: adulto e xuvenil, a partir de 16 anos

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 7 de xaneiro ás 09.00 h.