08 - 15 de Setembro 2025, 9:00 - 21:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
O día 8 de setembro ás 9.00 h comeza o prazo de inscrición nos clubs de lectura da Biblioteca Pública de Pontevedra e manterase aberto ata o 15 de setembro ás 21.00 h
- Club “Voz de muller,” luns de 19.00 a 20.00 h (quincenal)
- Club de francés, martes de 19.00 a 20.00 h (quincenal)
- Club de castelán, mércores de 17.00 a 19.00 h(semanal)
- Club de galego, xoves de 19.00 a 20.00 h (quincenal)
- Club de cómic, xoves de 19.30 a 20.30 h (mensual)
- Club de castelán (mañás), xoves de 11.00 a 12.00 h (quincenal)
Cada persoa soamente poderase inscribir nun club durante o primeiro prazo. Aquelas persoas que se inscriban en máis dun club soamente teráselles en conta a inscrición feita en primeiro lugar.
A partir do 22 de setembro, se quedasen prazas vacantes, abrirase un novo período de inscrición no que calquera persoa interesada poderá anotarse, mesmo aínda que xa forme parte doutro club.As persoas que non acaden praza en ningún club pasarán a formar parte da lista de agarda.