Coa pandeireta na man

Imaxe
18 de Outubro 2025, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Espectáculo musical de María Faltri

Coa pandeireta na man é un espectáculo pensado para achegar aos máis pequenos e pequenas á riqueza da música tradicional galega e á importancia da tradición oral en galego.

Con este proxecto, María Faltri quere render homenaxe ás cantareiras e á cultura popular galega, transmitindo a súa esencia de xeito lúdico e participativo.

Público familiar a partir de 3 anos

Salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala