24 de Agosto 2023, 12:00
Bebeconto con Chespir Teatro
Teatro visual para bebés.
Un cociñeiro e a súa pinche pretenden cociñar con todo o seu sentimento, pero ás veces o sentimento desaparece e non poden cociñar.
Farán falta ingredientes, unha culler para remexer e moita paciencia para facer a comida con agarimo e amor.
Actividade para bebés ( de 1 a 3 anos) acompañados dunha persoa adulta.
Para asistir é necesario facer a inscrición previa dende o venres anterior chamando aos número de teléfono 988 788385 / 386.