26 de Febreiro 2026, 18:00
Bebeconto con Chéspir Teatro
Teatro visual para bebés. Un cociñeiro e a súa pinche pretenden cociñar con todo o seu sentimento. Pero ás veces ese sentimento desaparece e non poden cociñar. Farán falta ingredientes: unha culler de pau para remexer e moita paciencia para facer a comida con agarimo e amor.
Actividade para bebés (de 1 a 3 anos) acompañados dunha persoa adulta.
É necesaria a inscrición previa que poderá facerse dende o venres anterior á actividade ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono: 988 788 385 / 386.
Só se poderán reservar 2 prazas por chamada.