Consertasso na horta

Imaxe
25 de Setembro 2026, 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa!

Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable!

A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap.

Hai unha pulga punk da praia de Liméns.

As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae.

Entre as cenorias, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao -é o propio!-  e os kiwis non paran de brotar bailando ska.

Tamén hai sitio para os soños, coma o de ser astronauta, ou para pedirlle axuda ás veciñas para botarlle o sulfato as viñas. E máis temassos entre guitarrazos, charangazos e un lote de instrumentazos máis.

Música e humor para toda a familia.

Letras e arranxos coidados para sementar e apañar risas e ganas de cantar xuntas.

Data e hora: venres, 25 de setembro ás 18.00 h.

Público destinatario: familiar

Sen inscrición previa ata completar a capacidade da sala