17 de Outubro 2023, 18:00
Celebrando o Días das Escritoras
"Misto sempre anda alporizado e, namentres, a vida vai sucedendo. A súa familia e amizades tentarán axudalo pero, serán quen de conseguilo?
Nesta fermosa historia, o noso protagonista, un pequeno misto que sempre está enfadado, aprenderá a xestionar a frustración."
Para celebrar o Día das escritoras conteremos este martes coa autora deste conto Andrea Freire que virá a presentar o libro e a realizar o contaconto do mesmo.
Actividade para nenas e nenos de 4 a 6 anos.
Precisa de inscrición previa que pode facerse dende o venres anterior chamando aos números de teléfono: 988 788385 /386.