Contacontos en inglés “Yogi Story Telling”

Imaxe
20 de Outubro 2023, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Organiza Flying Fun

A biblioteca cede o espazo a Flying Fun para a realización dun contacontos en inglés “Yogi Story Telling” no que se traballarán posturas de ioga e accións con música.

Baseado no libro "Boom on the Broom" de Julia Donaldson.

No salón de actos.

A actividade está dirixida a 15 nenas e nenos de 3 a 8 anos que poden vir acompañados dunha persoa adulta.

As persoas interesadas poden retirar a entrada no mostrador de Información da biblioteca desde 30 minutos antes do comezo da actividade.