Contacontos musical: Un día de foliada

Imaxe
11 de Agosto 2026, 12:00
Porta do Xurés do Concello de Lobeira

Este martes 11 de agosto, a Furgoteca chega a Lobeira cunha proposta para gozar en familia!

Unha aventura máxica e participativa na que a música tradicional galega, os contos e os sons da nosa terra serán os protagonistas. Unha viaxe pola nosa cultura e tradicións para cantar, escoitar, xogar e descubrir xuntos o valor do noso patrimonio.

Actividade aberta a todos os públicos

Horario: de 12:00 a 12:45 h

Lugar: Porta do Xurés do Concello de Lobeira

Unha mañá para vivir a cultura galega en familia e manter vivas as tradicións que pasan de xeración en xeración.

Vinde de foliada!