Contamaxias: maxia divertida

Imaxe
24 de Outubro 2025, 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Día das bibliotecas

Actividade de animación a lectura a través da maxia mediante historias, contos e xogos. 

O Mago Paco é unha personaxe moi peculiar que non para de argallar novas maxias para os/as nenos/as. Desta volta mestura a risa como elemento principal para sorprender á cativada coas súas historias cheas de maxia a través dos contos. 

A maxia está nos contos. 

Duración: 50 minutos

Salón de actos

Publico familiar a partir de 3 anos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala