Contamos contos de lobos?

Imaxe
24 de Outubro 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Lugo

A cargo de Teatro dos Ghazafelhos

Contamos Contos de Lobos? é un espectáculo no que a participación activa do público e unha alta porcentaxe de improvisación colectiva son os ingredientes fundamentais.

Dúas personaxes, Mon e Pe, achéganse ao público para contar distintas historias populares onde hai lobos como protagonistas.

Facendo unha escolla “aleatoria” de propostas como Carapuchiña, Os tres porquiños, Pedro e o lobo, Os sete cabuxos… proporemos interpretar esas historias coa axuda das nenas e nenos do público.

Ao participar na dramatización da peza, trabállanse valores como a escoita activa, a empatía, entender outros puntos de vista… e todo dun xeito lúdico e dende o teatro.

Ao facer os contos guiados, faise fincapé na importancia da colaboración de todas e todos para que funcione a historia e aprender dela as mensaxes que trasladan: axudar e cooperar como xeito de construír conxuntamente unha peza teatral.

Para nenos/as de 3  a 12 anos (público familiar).

Duración: 50 minutos.

Hora: 12:00 h.

Salón de actos