24 de Febreiro 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos-homenaxe de Marisa Irimia
Rosalía de Castro brilla no firmamento e é a estrela que nos ilumina a todos nós.
Poemas e contos para compartir, cargados da musicalidade da poesía de Rosalía de Castro. Un achegamento á poesía e á narración oral dun xeito lúdico, divertido e saboroso.
Dirixido a público infantil de idades entre 3 e 8 anos.
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.