26 de Abril 2024, 18:00
A cargo de Os contos de Pablísimo
Como se dun Bestiario se tratara, esta sesión de contacontos é unha colección de relatos que amosan a grande variedade, orixinalidade e riqueza da literatura infantil e da tradición oral.
O obxectivo é espertar a curiosidade polos libros, por “mergullarse” nos estantes da biblioteca e dar a coñecer os contos tradicionais e máis os contemporáneos.
Público familiar de 4 a 12 anos
Duración: 45 minutos
Salón de actos