Conto do tres eran tres

Imaxe
30 de Maio 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Contacontos da man de Ana Carreira

Tres contos, tres mundos e un mesmo fío: o número tres, símbolo da harmonía e da maxia tradicional.

Espectáculo de narración oral, onde as historias de A media raniña, O ganso de ouro e Os tres porquiños cobran nova vida para lembrar que sempre hai tres camiños para escoller, tres probas que superar e tres oportunidades para atopar a felicidade.

Fantasía, emoción e sabedoría popular mestúranse nun espectáculo cheo de palabra viva e tradición, onde cada historia é un espello doutro tempo pero tamén un reflexo de nós mesmas.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala (70 persoas)