Contacontos para bebés
Para os nosos amigos, os animais, cada día é unha nova aventura chea de cousas que aprender, mentres xogan coas cores, as formas e a música. Porque cando se é tan pequeno ata as cousas más sinxelas se converten en todo un reto.
As crianzas reinventan o mundo cunha mirada que o ve todo pola primeira vez, abraiándose a cada paso, mentres aprenden novos nomes para os obxectos que acaban de descubrir.
Un espectáculo que estimula as habilidades de percepción espacial e psicomotricidade dos bebés a través de pequenas historias adaptadas para captar o seu interese e cunha duración apropiada á súa capacidade de atención.
Nesta sesión conta a historia de Nano, que está medrando moi á présa, xa sabe facer moitas cousas el soíño, pero non quere deixar de usar o cueiro. Ás veces, xogando, todo parece máis sinxelo e divertido. Para usar o penico Nano montará un circo...
Data e hora: venres 15 de marzo ás 18:00 horas
Público destinatario: bebés (1-4 anos) acompañados de ata dous adultos
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 6 de marzo ás 9:00 horas