Contos de Rosalía

Imaxe
21 de Febreiro 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Contacontos a cargo de Marisa Irimia

Cando Rosalía soñaba, nacían historias que facían sorrir á lúa. Hoxe escoitaremos contos que falan de amizade, de natureza e de soños pequenos pero grandes. Habitarás mundos máxicos feitos de palabras e cores.

Un paseo divertido pola fantasía que nace dos versos. Porque celebrar a Rosalía é contar e cantar xuntos!

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.