Contos de sapos, bruxas e curuxas

Imaxe
11 de Outubro 2025, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

A cargo de Paula Carballeira

Non todo o mundo sabe que as bruxas son intelixentes, as curuxas astutas e os sapos valentes. Non todo o mundo sabe que as bruxas son astutas, as curuxas valentes e os sapos intelixentes. Non todo o mundo sabe que os sapos son astutos, as curuxas intelixentes e as bruxas valentes.

Pero para iso están os contos, para lembrarnos o que esquecemos desde o inicio dos tempos.

Salón de actos

Público familiar

Entrada libre ata completar a capacidade da sala