Contos do mar

Imaxe
27 de Novembro 2025, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense

Bebeconto con Olga Cuervo

Valentín soña con saír do carrusel onde día a día pasean tantas nenas e nenos. Soña con galopar lonxe, ata o río e máis alá. A lúa, que sabe dos seus soños, unha noite faille un agasallo espcial.

Actividade para bebés (de 1 a 3 anos) acompañados dunha persoa adulta.

É necesaria a inscrición previa que poderá facerse dende o venres anterior á actividade ben presencialmente ou chamando aos números de teléfono: 988 788 385 / 386.

Só se poderán reservar 2 prazas por chamada.