07 de Novembro 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos con Servando Barreiro
Espectáculo en homenaxe a Xosé Neira Vilas, inspirado nos seus libros: Contos vellos para rapaces novos e Cantarolas e contos para xente miúda.
Servando Barreiro proponnos unha viaxe polos contos e cantigas tradicionais de diferentes culturas para transmitir valores universais como a tolerancia, a solidariedade e a convivencia entre os pobos.
No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.