Contos no colo

Imaxe
22 de Outubro 2026, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense

Bebeconto con Marisa Irimia

Un contacontos cheo de tenrura, sons, cores e movemento onde os máis pequenos descubrirán historias sinxelas a través dos sentidos. Un espazo para mirar, tocar, escoitar e soñar xuntos.

Actividade para bebes de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta.  Inscrición dende o venres anterior ás 9h ben presencialmente  ou chamando a 988 788 385 / 386. Só se poden reservar 2 prazas por chamada.

Duración: 35 minutos