Contos no país da choiva

Imaxe
24 de Xaneiro 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Miguel Ángel Alonso Diz

Neste contacontos emprego contos e poemas como elemento de recuperación de palabras propias (que levou a choiva).

Coa participación da rapazada nas diferentes historias a través de xestos, movementos e verbalizacións, traballamos tamén aspectos de educación emocional, sempre tendo en conta a igualdade e o respecto á diferenza como un elemento transversal.

Idade: de 4 a 12 anos.

Duración: 45 minutos.

Inscrición previa na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a mesma semana da actividade.