Contos para dar e tomar

Imaxe
17 de Xuño 2023, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

A cargo de Raquel Méndez

No marco do Festival Internacional de Narración Oral Atlántica Miúdo estará con nós a contacontos Raquel Méndez con “Contos para dar e tomar”.

Os contos existen desde sempre para enfrentar o frío, o medo, nacen da palabra, do xesto e da voz. Son patrimonio universal dunha imaxinación colectiva de culturas diferentes.

Mediante a narración destacamos a importancia de achegar a tradición oral de contos de diferentes países para compartir realidades culturais.

En “Contos para dar e tomar” as historias percorren polo aire milleiros de quilómetros, crecen, mudan, transfórmanse e mestúranse.

Son contos sen dono, contos de todos os tempos, de todos os lugares, nunha viaxe polo mundo a través das lendas e dos contos da editora OQO.

No salón de actos. Para nenas e nenos a partir de 4 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Cando remate a actividade, Raquel Méndez acompañará ás persoas que queiran á Praza da Quintana onde se está a celebrar a SELIC.