Contos para levar no peto

Imaxe
08 de Marzo 2024, 18:00
Biblioteca Pública de Lugo

A cargo de Iago López Santos

Unha sesión de contacontos para os máis cativos para escoitar … rir … e soñar.

Os petos son lugares ideais para gardar de todo, incluídos os contos. No peto da dereita van os contos para rir e para pasalo ben; nos petos da esquerda van os contos de temer e de chorar. Así que hai que ter moito coidado cos contos que van nos petos.

Para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Duración: 45 minutos.

Salón de actos. (ata completar aforo)