Contos para orellas abertas

Imaxe
05 de Xullo 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Contacontos a cargo de Pavís Pavós no marco do Festival Atlántica

Sesión de contos marabillosos para público a partir de 4 anos. 

Pavís Pavós formouse como grupo de contacontos para público infantil no ano 1996 en Pontevedra. Traballa principalmente en Galicia con contos en galego e tratando de recuperar cantos, contos, adiviñas, refráns, fraseoloxía e xogos propios da nosa tradición. Tamén inclúen nos seus espectáculos contos de nova creación e formatos contemporáneos. Por outra banda, a compañía adícase o labor da recuperación da oralidade e entre a súas tarefas tamén está a de recuperar as versións orixinais dos contos clásicos para que non desaparezan. Pavís Pavós está formado por Tareixa Alonso e Xacobe Rodríguez.

No salón de actos. Público restrinxido