09 de Xullo 2024, 11:30
Actividade do programa Ler Conta Moito con Xulio Varela
Texto de presentación da actividade
- Iso é un lucecús?
- Non, é unha lanterna.
- E aquilo, é un caracol?
- Non, é un metro.
Os obxectos que atopas no teu fogar poden converterse, grazas ao poder da túa imaxinación, en personaxes fantásticos que vivirán fabulosas aventuras nunha fotonovela que ti mesmo/a crearás. Porque as cousas máis pequenas que tes ao teu redor tamén contan historias.
Público/s ao/aos que vai dirixido
- Público infantil (De 4 a 12 anos)
Duración
90 minutos
Sesións
- Sesión única: 09/07/2024 - 11:30
Lugar de celebración
Biblioteca