Creación de cómic

Imaxe
17 de Marzo 2026, 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Obradoiro da man de Yago García

Celebramos o Día do Cómic con esta actividade. É posible crear un cómic nun día? Sempre que coñezas as técnicas necesarias, si. Neste obradoiro faremos primeiro un pequeno percorrido histórico para comprender a importancia do cómic no mundo da arte e da cultura. A continuación, aprenderemos as bases para crear un cómic, desde a xestación das primeiras ideas, pasando polos bosquexos, o deseño de personaxes e as súas expresións, a composición de escenas, ata a creación dunha portada rechamante.

No salón de actos. Para 15 nenas e nenos de 8 a 11 anos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.