Cueiros de cores

Imaxe
16 de Decembro 2023, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Trinketrinke teatro

Hoxe acompañaremos á Ratiña Faifá facendo ximnasia: arriba, abaixo, diante, detrás, abrir, pechar... Pero nos interromperá un imprevisto en forma de necesidade fisiolóxica. Aproveitaremos este momento para falar de cueiros e penicos. E continuaremos descubrindo as nosas emocións e as dos demais a través dun divertido xogo no que o protagonista é... ¡un monstro!. Trinke Trinke.

Público infantil a partir de 3 anos

Lugar: salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala