De aló de onde eu veño

Imaxe
23 de Abril 2024, 18:30
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Caxoto

“Eu non minto... todo o que eu vos conto é verdade”. Esta é unha frase que Caxoto repite moito nas súas funcións e o certo é que nunca ninguén puido demostrar o contrario.

Para que unha persoa narradora conte sempre dende a verdade ten que forzosamente contar de si mesmo. E neste espectáculo iso é precisamente o que fai Caxoto: Contarnos quen é, de onde ven, das xeografías, das orixes, dos referentes, dos  camiños escollidos e dos camiños rexeitados, das herdanzas, das tradicións,... unha viaxe ás raíces coa mirada retranqueira de quen xa comeza a estar un pouco de volta de todo... sen faltar á verdade.

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Salón de actos

Duración 60 minutos