A través dun contacontos e dun obradoiro, gozaremos con Inma Jardón da lectura deste marabilloso texto. Nel trátase a igualdade e o amor dende unha perspectiva moi achegada ao contexto escolar.
De que trata o amor? Algunha vez volo preguntastes? Que é querer?
E boca da propia autora, “hai persoas que non deciden ser diferentes ao resto, tócalle selo” e, en boca do papá dun dos protagonistas, Xián, escoitaremos unha extraordinaria definición:”...diso trata o amor: de querer sen importar se somos diferentes. Non importa de onde sexamos, de que cor teñamos o pelo, o que nos guste, as nosas ideas e pensamentos, as nosas capacidades. Témonos que respectar. Todos nós somos diferentes”.
Empatía, amor, amizade, compañeirismo, diversidade e medo son as palabras que definen esta historia.
Actividade aberta a todos os públicos.
Duración: 180 minutos
Horario: 10:00-13:00 horas
Espazo: CEIP Rogelio García Yáñez (O Picouto, Ramirás)