Debulendo lendas galegas

Imaxe
02 de Marzo 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Tarabelos: debuxos e letras

Rescollemos a técnica centenaria do Kamishibai xaponés, “tarabelizámola” e temos un espectáculo de contacontos debuxado ao 100 %, onde a ilustración se pode ver, tocar, manipular, vestir...

Pero, que significa “debuler”? Cando eu debuxo o que leo, entón “debuleo”, e nesta contada debuxamos xuntos e descubrimos xuntos o valor das lendas: lendas que ensinan o valor da nosa cultura galega... o valor para loitar pola vida... o valor da axuda dada e recibida... o valor de coñecer antes de deixarse levar polos falares!... o valor de unir forzas para vencer xuntos a dragóns invencibles... o valor e coraxe daqueles soñadores que buscan máis alá, onde a maioría di que non hai nada... e moito vale a risa e as lendas que buscan provocala...

Valor que podemos ler e debuxar; valor que podemos “Debuler”.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

Reserva de praza na bilioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.