20 de Outubro 2023, 10:45
Biblioteca Pública Municipal de Carballedo
Actividade do programa Ler Conta Moito con Moc Moc Fanny Medioambiente
Texto de presentación da actividade
Que hai nun charco? por que as plantas son verdes? que é unha célula e por que as temos todos os seres vivos?
Todas estas preguntas e moitas máis pódense contestar neste divertido obradoiro científico, orientado á microbioloxía, con 4 cousas: un microscopio, un pouco de auga, un anaco de cristal e moita, moita curiosidade
Poñede a vosa bata que chega o noso laboratorio!
Público/s ao/aos que vai dirixido
- Nenos e nenas (5 a 14 anos)
Duración
60 minutos
Sesións
- Sesión única: 20/10/2023 - 10:45
Lugar de celebración
CEIP XOSÉ LUIS TABOADA-A BARRELA
Recomendamos consulte a información actualizada sobre esta actividade aqui