23 de Xaneiro 2026, 17:30
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Superar o medo á folla en branco é posible. Neste taller aprenderemos técnicas infalibles para desbloquear o pensamento creativo, desde as máis populares ata outras metodoloxías innovadoras. O obxectivo? Que en apenas hora e media te convertas nunha fonte inesgotable de recursos para crear conceptos, debuxos e personaxes fóra do común.
Data e hora: venres 23 de xaneiro ás 17.30 h.
Público destinatario: infantil, de 8 a 12 anos
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 14 de xaneiro ás 09.00 h.