A cargo de Vero Rilo
Espectáculo de narración oral para público familiar da man da educadora infantil e contadora Vero Rilo (Daboapipa, Rilo&Penadique, Apatacón, Pallasos en Rebeldía...), onde achega unha selección de contos de autora, tradicionais, de recollida e adaptacións persoais onde a igualdade convive de xeito transversal en todas elas.
Leite, leite, leite/ a nena que non se deite/ e que suba a un muíño/ amodiño, amodiño, amodino. Así comeza o conto, cunha declaración de intencións: querémonos espertas e subindo ata onde queiramos, do xeito que nos apeteza. Cando caemos están as mans das amigas, como as daquelas velliñas que vivían, comían e durmían xuntas... ou as da vaca que puxo un ovo e as súas compañeiras as galiñas... ou...
Queredes saber máis? Pois teredes que escoitar "Destemidas”.
No salón de actos.
Para nenas e nenos de 3 a 8 anos.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.