Día da Ilustración

Imaxe
15 de Xaneiro - 15 de Febreiro 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Ourense

Chichi Campos

Dende 2013, en Galicia celebramos o día da ilustración o 30 de xaneiro, en recordo do nacemento de Castelao; e dende 2017, a Xunta e AGPI impulsan o recoñecemento dunha figura galega relevante nesta disciplina. 

Nesta ocasión, o homenaxeado é Xesús Campos (1952-1991) “polo seu carácter pioneiro no ámbito da banda deseñada e como maestro do humor gráfico”. Tamén coñecido como Chichi Campos, foi ilustrador, guionista e escritor. Traballou na libraría Soto de Lugo, e na galería Sargadelos de Compostela. Fundou o efímero estudo de deseño B, C & D, xunto con Xosé Díaz e Pepe Barro, e foi guionista para a TVG. Colaborou con artigos e viñetas na prensa da súa época e formou parte do Grupo do Castro, xerme da que se considera a primeira revista do cómic galego: a Cova das Choias. Ademáis participou en innumerables exposicións e fanzines dende moi novo.

Achégate a coñecer un pouco a súa figura na lembranza que preparamos no andar baixo da biblioteca, xunto ó Espazo Xove.