20 de Marzo 2026, 16:00
A RODAR, HISTORIAS
Para celebrar o Día da Narración Oral, contaremos coa narradora Charo Pita, que nos traerá a sesión “A rodar, historias”: un encontro cheo de relatos, reflexións e humor arredor da tradición oral.
Descubriremos contos marabillosos, protagonistas desta viaxe polas historias que pasan de boca en boca.
Anímate e vén desfrutar dunha sesión chea de ensinanzas e beleza, onde deixar voar a imaxinación e aprender a transmitir emocións a través das palabras. Agardámoste!
Actividade aberta a todos os públicos.
Horario: 16:00h
Espazo: Casa da Cultura do Concello de Verea