Día das Letras Galegas

Imaxe
17 de Maio - 08 de Xuño 2024, 0:00 - 14:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Luisa Villata

-Exposición bibliográfica do 6 ao 30 de maio: “As escritoras na historia do Día das Letras Galegas

Centro de interese que recolle a biografía e obras infantís das mulleres homenaxeadas no día das Letras Galegas.

Sala Infantil. Público familiar.

Zona de exposicións da biblioteca. Todos os públicos.

 

-Exposición con paneis divulgativos do 13 de maio ao 8 de xuño: "Palabras en harmonía: escrita, música e activismo en Luisa Villalta”.

Exposición con paneis explicativos e bibliografía sobre Luisa Villalta, protagonista do Día das Letras Galegas 2024.

Percorrido sobre a actividade cultural e social da autora, tanto na literatura, como na música ou o pensamento, o que supuxo unha transcendencia da súa figura en Galicia.

Zona de exposicións da biblioteca. Todos os públicos.

 

-Narración oral en galego: “Glup” de Ramiro Neira, xoves 16 de maio ás 18.00.

Existe ese momento onde se pode parar o mundo, onde podemos desfrutar, xogar, imaxinar, agarimar, falar co noso pequeno… é o momento do baño! Onde as burbullas de xabón convértense, en historias, soños, contos.

Duración: 30 minutos. Capacidade: 30 bebés de 0 a 3 anos acompañados por 1 adulto.

 

-Actividade sobre Luisa Villalta:“O son das palabras” con Juste Kasmishibai, sábado 18 de maio ás 12.00.

Homenaxe á obra de Luisa Villalta, a través dunha montaxe de teatro de papel contemporáneo, partindo de técnicas de kamishibai e emakis translucido xaponés.

Duración: 60 minutos. Capacidade: 40 nenos/as de 4 anos en adiante

Zona de actividades da sala infantil.

 

-Entrega de premios do XIV Concurso “B.D. VIGO”, sábado 18 de maio ás 12:30 h.

A Bibloteca Pública de Vigo Juan Compañel convoca cada ano o Certame de banda deseñada “B. D. Vigo” nas categorías Infantil, xuvenil e adultos.

Sala multiusos. 2º andar.