Directas ao espazo

Imaxe
27 de Novembro 2025, 10:30
CEIP Plurilingüe Carlos Cid Arregui

Unha historia inspirada nas astronautas Valentina Tereshkova, primeira muller en ir ao espazo, e Sara García Alonso, primeira astronauta española.

A nosa protagonista está convencida de que a mellor mascota do mundo vive no espazo. O seu pai e a súa nai deciden falarlle de dúas mulleres fascinantes que conseguiron ir directas ata alí.

Será capaz de chegar a ser unha auténtica astronauta?

 

Actividade aberta a todos os públicos.

Duración: 60 minutos

Horario: 10:30-11:30 horas

Espazo: CEIP Plurilingüe Carlos Cid Arregui (Rairiz de Veiga)