Do lobo un pelo

Imaxe
02 de Xaneiro 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Contacontos con Celso F. Sanmartin

Sabemos que no Nadal acostuman xuntarse as familias e agasallarse. Desexámonos un bo aninovo. Sabemos que no Nadal xa non vai tanto frío coma antes.

Antes era o tempo que nos xuntabamos ao pé do lume e contabamos contos e cousas que nos pasaran. Contamos o que nos gusta contar. Gústanos saber. Ter a quen contarlle e ter quen nos conte é un gran agasallo, seguramente o mellor.

Dirixido a público de 3 a 8 anos de idade.

No salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.