Elaboración dun mini álbum con Scrapbook

Imaxe
28 de Decembro 2023, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Obradoiro a cargo de ANIAS

O Scrapbook é unha técnica decorativa que nos permite organizar e documentar de forma orixinal e creativa nun álbum a nosa historia persoal ou inventada a partir de fotos, recortes, cartas, postais e outros elementos que queiramos utilizar.

As nenas e nenos participantes terán a oportunidade de crear o seu propio álbum utilizando diversos materiais e técnicas plásticas. 

Dirixido a nenas e nenos de 7 a 12 anos. Hai 15 prazas dispoñibles.

No salón de actos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca desde 30 minutos antes do comezo da actividade.