Electrízate

Imaxe
22 de Novembro 2024, 17:00
Biblioteca Pública de Lugo

A cargo de Ciencia Kids

Obxectivo: achegar a nenas e nenos a aprendizaxe dalgúns fundamentos da electricidade e a tecnoloxía, de maneira amena, sinxela, divertida e segura, a través do xogo. Búscase espertar a curiosidade, o desafío e o interese por descubrir; así como explicar algúns aparellos eléctricos presentes en todos os fogares.

Ensamblarán por eles mesmos diferentes circuítos nos que usarán condutores, illantes, correntes….

Principais obxectivos: Entender como circula a electricidade. Que materiais conducen a electricidade e cales non. Deseño de circuítos eléctricos de cinta e LEDs.

Duas sesiósn:

  • 1ª sesión ás 17:00 h.
  • 2ª sesión ás 18:00 h.

Para nenos/as de 6 a 12 anos (15 prazas por sesión)

Duración: 60 minutos

Ludoteca

Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329