Escola de dragóns

Imaxe
23 de Agosto 2024, 11:00
Biblioteca Pública Municipal da Ponte

Actividade do programa Ler Conta Moito con Donde viven los cuentos

Texto de presentación da actividade

Conto interactivo e participativo no que os nenos/as acompañan a Zog na Escola de Dragóns. Todos xuntos aprenderemos a comportarnos como auténticos dragóns e a superar cada unha das probas plantexadas pola señorita Dragón. Polo camiño, coñeceremos a unha rapaza que non quere ser princesa, o seu soño é ser doutora, axudaralle Zog a conseguir o seu soño ou a secuestrará nunha torre como ás princesas?

Programa

CONTACONTOS DE VERÁN NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (3 a 8 anos)

Duración

60 minutos

Sesións

  • Sesión única: 23/08/2024 - 11:00

Lugar de celebración

BPM A PONTE

Temática

Igualdade e violencia de xénero